Actualidade e Noticias



O programa de formación para o emprego de Covelo ofrece novos cursos
- 24/09/2024 -

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de inglés xeral, comercio e turismo, manipulación de alimentos e venda em supermercado
O Concello de Covelo, a través da concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, informa que está aberto o prazo para inscribirse nos cursos da terceira fase do programa municipal de formación. En concreto, do oito de outubro ao 28 de novembro cada martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas impartirase o curso de inglés xeral, comercio e turismo cun total de 32 horas lectivas. O prazo de inscrición para este curso remata o vindeiro tres de outubro.


Ata o oito de outubro estará aberto o curso de manipulación de alimentos de cinco horas de duración que terá lugar o 11 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas.


Ademais, do catro ao vintesete de novembro impartirase o curso de venda en supermercado con 36 horas de duración cada luns e mércores de 16:00 a 20:30 horas. A inscrición para este curso está aberta ata o 28 de outubro.


Todas as formacións serán impartidas na sala multiúsos do edificio de usos múltiples e terán un custo de doce euros para empadroados e trinta e seis euros para non empadroados no caso dos cursos de inglés e venda en supermercado e de tres euros e nove euros no de manipulación de alimentos.

O obxectivo do Programa Municipal de Emprego do Concello de Covelo é mellorar a formación das persoas sen que teñan que saír da súa contorna nin afrontar custos de desprazamento. Coa intención de facilitar a súa inserción laboral o Concello deseñou os cursos atendendo a actual demanda tanto do mercado laboral como das propias persoas interesadas.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade