Ata o oito de outubro estará aberto o curso de manipulación de alimentos de cinco horas de duración que terá lugar o 11 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Ademais, do catro ao vintesete de novembro impartirase o curso de venda en supermercado con 36 horas de duración cada luns e mércores de 16:00 a 20:30 horas. A inscrición para este curso está aberta ata o 28 de outubro.
Todas as formacións serán impartidas na sala multiúsos do edificio de usos múltiples e terán un custo de doce euros para empadroados e trinta e seis euros para non empadroados no caso dos cursos de inglés e venda en supermercado e de tres euros e nove euros no de manipulación de alimentos.
O obxectivo do Programa Municipal de Emprego do Concello de Covelo é mellorar a formación das persoas sen que teñan que saír da súa contorna nin afrontar custos de desprazamento. Coa intención de facilitar a súa inserción laboral o Concello deseñou os cursos atendendo a actual demanda tanto do mercado laboral como das propias persoas interesadas.