O Concello de Covelo recibirá unha axuda de 15.200€ para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e a sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 de Galicia cofinanciado co FEADER.
“Somos o pulmón verde da área metropolitana e un Concello que aposta pola saúde, por mellorar os servizos públicos pero sobre todo por deseñar un futuro no que conservar o noso importante patrimonio natural, o principal atractivo para as persoas que nos visitan e un factor decisivo para a calidade de vida da nosa cidadania”, explica Pablo Castillo.
Este novo apoio permitirá abordar un proxecto integral enfocado a distintos públicos e com accións didácticas, de investigación e divulgación. No marco de esta iniciativa crearase unha escola de auditores ambientais en colaboración co CEIP Antonio Blanco Rodríguez. Trátase dunha campaña de concienciación ambiental que fará que o alumnado e profesorado do centro de ensino sexa auditor do ZEC Río Tea ES1140006. Esta actividade fomentará a ollada crítica das nenas e nenos e apoiará o currículo de ciências naturais dun xeito práctico.
O proxecto tamén compreende un inventario de quirópteros, unha especie de vital importancia para o ecosistema. A presenza de morcegos contribue ao equilíbrio ecolóxico ao limitar o crecemento de insectos ademais de ser importantes polinizadores. Os morcegos son indicadores clave da saúde dun ecossistema. A conservación dos morcegos permite manter a diversidade biolóxica na Rede Natura 2000. Esta actuación determinará punto de escoita no ZEC e tamén fora da zonificación. Os estudos dea presenza de morcegos son fundamentais para comprender, monitorear e conservar a biodiversidade.
Co apoio recibido tamén se realizará un estudo de GAlemys, un mamífero atopado no río Tea e Alén, este desmán ibérico ten especial importancia por ser unha especie endémica, é dicir, non se atopa en ninguna outra zona.
Xa por último o proxecto contempla un estudo de pesticidas, praguicidas e contaminantes no solo e auga, indispensable para protexer o medio natural e promover prácticas agrícolas máis sostibles e seguras. A monitorización é essencial para avaliar o impacto na biodiversidade dos ecossistemas acuáticos e terrestres e para implementar medidas de conservación.