O Concello conseguiu 39.448, 52€, o 95% do importe total das obras que implicarán traballos de fontanería, electricidade,iluminación, calefacción e acessibilidade ademais de intervir en solos, teitos, paredes e carpintería interior. Tamén se equipará o baño e a cociña.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifesta a súa satisfacción polo respaldo recibido que beneficia as persoas que máis o precisan, “a escaseza de vivenda en aluguer e o elevado prezo do mercado dificulta que algunhas persoas en situación de risco ou com poucos recursos poidan atopar unha vivenda por iso comezaremos a traballar xa na rehabilitación desta vivenda”.