Actualidad y Noticias



Covelo consigue el apoyo del Instituto Gallego de Vivenda e Solo para la mejora de una vivienda destinada a alquiler social
- 12/09/2024 -

El Ayuntamiento recibirá 39.448, 52€, el 95% del importe total de las obras
O Concello de Covelo vén de obter o apoio do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a rehabilitación dunha vivenda de titularidade municipal destinada a alugueiro social.

 

O Concello conseguiu 39.448, 52€, o 95% do importe total das obras que implicarán traballos de fontanería, electricidade,iluminación, calefacción e acessibilidade ademais de intervir en solos, teitos, paredes e carpintería interior. Tamén se equipará o baño e a cociña.

 

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifesta a súa satisfacción polo respaldo recibido que beneficia as persoas que máis o precisan, “a escaseza de vivenda en aluguer e o elevado prezo do mercado dificulta que algunhas persoas en situación de risco ou com poucos recursos poidan atopar unha vivenda por iso comezaremos a traballar xa na rehabilitación desta vivenda”.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade