Novas
Explicación do cruceiro do Cristo dos Aflixidos e visita á Casa Museo Etnográfico €Pazo Da Cruz€.
- 12/08/2017 -
Empezaríase a explicación no cruceiro ás 11:00 horas, para logo ir camiñando ata A Hermida onde está situada a Casa Museo €Pazo Da Cruz€. Alí remataría a visita sobre as 14:00 horas. A entrada ó museo é de 2 euros os adultos e 1 euro os nenos.
Na nosa visita podremos disfrutar do conxunto que conforma a Casa Museo, a cal constitúe un dos mellores exemplos da arquitectura tradicional da comarca e é un fiel expoñente da Casa Grande (casa solariega) galega do século XVII que conserva tódolos elementos propios da arquitectura tradicional da época, con: Portón de entrada con cruz e pináculos, patio empedrado con fonte, vivenda principal, vivenda dos caseiros, escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, "lareira" (fogar) "parrumeria" (para colocar os potes e enseres da cociña) "alacenas", hórreo, cobertizos...

Este museo alberga unha das coleccións privadas máis importantes de Galicia con máis de 4000 pezas de valor histórico-etnográfico, fruto da labor recopilatoria, durante anos do escritor e etnógrafo Maximino Fernández Sendín, impulsor e director do proxecto.

No seu interior podremos ver: xoguetes tradicionais, escola dos anos 50, ferramentas de diferentes oficios, utensilios, materiais diversos de forxa, armas, antiga barbería, historia do pan... e un pequeno horto ecolóxico onde podremos coñecer diversas plantas medicinais.

Máis información en:  
www.casamuseopazodacruz.com/

Para asistir ás visitas hai que inscribirse na páxina de facebook "Covelo Tourism" cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando ó 638 015 428 dando o nome e un teléfono de contacto.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade