Actualidade e Noticias



Covelo instala dúas marquesiñas novas para agardar ao transporte público
- 01/08/2024 -

Esta adquisición é con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O Concello de Covelo instala dúas novas marquesiñas para que as persoas usuarias poidan agardar ao transporte público na parroquia de Barcia de Mera e no barrio de San Breixo, Maceira. Esta adquisición é con cargo ao remanente do Plan Concellos 2022-2023, na actualidade Plan +Provincia, da Deputación de Pontevedra, no apartado liña 1 para adquisición de subministros no ano 2024. O custo total das dúas marquesiñas foi de  4452,80€.


SAN BREIXO, MACEIRA

<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade