Actualidade e Noticias



Festas na horna a Virxe as das Dores en Covelo 2024.
- 31/08/2024 -

O Concello de Covelo celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe das Dores organizada pola Asociación Cultural Cruceiro Mestre Cerviño. O sábado día 31 ás 20 horas haberá un espectáculo infantil na praza Mestre Cerviño do centro urbano con Paco Nogueiras no marco do programa "Ler Conta Moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Ás 22:00 horas verbena co trío Extra e D´Líder na praza.

 

O domingo día 1 de setembro pasarrúas coa Banda de Música de Mondariz ás 11:15 horas seguida de misa solemne e procesión acompañada da banda. Ás 13:00 horas a Banda de Música de Mondariz ofrecerá un concerto na praza Mestre Cerviño. Ás 18:30 horas inchables gratis para as cativas e cativos e as 19:00 horas servirase chouripan e a charanga SDK amenizará o encontro.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade