O alcalde, Pablo Castillo, explica que a súa finalidade é establecer as condicións para levar adiante a xestión da biomasa e a fixación das distancias para plantacións nos terreos clasificados como urbanos, de núcleo rural ou urbanizables delimitados.
Esta ordenanza será de obrigado cumprimento polas persoas responsables da propiedade, entendéndose como tal as persoas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos urbanos, urbanizables delimitados e de núcleo rural, así como as administracións, as entidades ou as sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión, ou cedida.
Nos terreos clasificados como solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable delimitado, as persoas responsables deberánRoza para a eliminación do estrato herbáceo e arbustivo sempre que supoña un mínimo risco para a propagación dos incendios incontrolados de vexetación. Poda e rareo do estrato arbóreo de forma que se manteña unha descontinuidade horizontal entre as copas das árbores e vertical entre estas e os estratos herbáceo e arbustivo.
Nas faixas secundarias haberá que desbrozar nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado,así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte.
A ordenanza recolle que quedan prohibidas as repoboacións forestais nos terreos clasificados como solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural.
Se as persoas responsables non realizasen os traballos de xestión da biomasa nos prazos fixados polo Concello, este poderá realizados e os custos derivados deses traballos serán repercutidos as persoas responsables, procedendo, ao cobro dos gastos que se ocasionen ao Concello a través do procedemento de apremio.
As infraccións recollidas como leves irán dos 100 aos 600€, as graves de 601 a 1.500€ e as moi graves de 1.501 a 3.000€.