Novas
Axudas á restauración do patrimonio etnográfico e arqueolóxico
- 24/04/2008 -
Poderán solicitar información na Axencia de Sostibilidade de Covelo ou nas oficinas do Concello no relativo ás seguintes axudas publicadas no DOGA da Consellería de Cultura e Deporte: Orde do 31 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a actividades de fomento para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico e se convocan para o ano 2008 (publicada o mércores 9 de abril de 2008). Importe da subvención: 60% do custo de execución do proxecto. Axuda máxima: Ata 2.000 € para obras de conservación e mantemento, e 6.000 € para obras de restauración. Destinatarios: Propietarios de bens inmobles (hórreos, cruceiros, muiños, petos de ánimas, fontes, alpendres e similares) do patrimonio etnográfico inscritos no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia ou no planeamento municipal. Prazo de presentación: Ata o 15 de xullo de 2008, ou esgotamento do orzamento. Orde do 31 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacigos catalogados ou inventariados e se procede a súa convocatoria para o ano 2008 (publicada o mércores 9 de abril de 2008). Importe da subvención: 50% dos custos da execución do proxecto arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural presentando as correspondentes memorias técnicas (límite 20.000 €/proxecto).Ata o 20 % dos custos de execución entregando só informes valorativos (límite 8.000 €/proxecto). Destinatarios: Empresas, persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro. Prazo de presentación: Ata o 31 de xullo de 2008, ou esgotamento do orzamento.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade