Present News



Covelo renovará a iluminación deportiva do campo de fútbol municipal
- 06/08/2024 -

O Concello de Covelo informa que vén de obter unha axuda de 54.084,16€
O Concello de Covelo informa que vén de obter unha axuda de 54.084,16€ para a renovación da iluminación deportiva do campo de fútbol municipal Amable Ramón Martínez Vidal “Moncho”.

Co apoio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o Concello realizará unha intervención de mellora da eficiencia enerxética contribuíndo cunha acción máis á redución das emisións de CO 2 e dar pasos na consecución dos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías. Esta actuación repercutirá nun aforro de ata o 60% do gasto en enerxía eléctrica.

No campo de fútbol Amable Ramón Martínez adestra e xoga o Club de Fútbol Covelo que acaba de nomear nova directiva e que abre unha nova campaña de captación de masa social para dar apoio á promoción de hábitos de vida saudable a través da práctica deportiva.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade