A constitución dunha comunidade enerxética fomenta a participación da cidadanía na transición enerxética, promove o uso de enerxías renovables fronte aos combustibles fósiles, contribúe a reducción de emisións de CO2 e establece mecanismos para loitar contra a pobreza enerxética.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que o futuro do concello pasa polo respecto e protección do medio natural, unha das principais riquezas do concello, por establecer modelos de vida máis saudables e por sumarse a procedementos, tecnoloxías e accións que camiñen neste senso.
As comunidades enerxéticas posibilitan a creación de emprego e estimula o desenvolvemento de negocios locais relacionados directa ou indirectamente co sector das renovables, ademáis de engadir un valor adicional a nivel local ofrecendo a posibilidade de promover novos investimentos na comunidade.
A primeira comunidade enerxética de Covelo terá a fórmula de asociación sen ánimo de lucro que promoverá a producción e consumo de enerxía renovable por parte da veciñanza, pequeñas e medianas empresas e administración local. Calquera persoa interesada poderá adherirse como socio ou membro desta comunidade enerxética que verá a luz unha vez encargados os traballos de asistencia técnica e redactadas as súas bases.