Present News



O concello de Covelo aproba a creación dunha comunidade enerxética
- 01/08/2024 -

O Concello recibirá 11.040€, o 80% do custo subvencionable, para contratar a asistencia técnica
O pleno do concello aproba por unanimidade a creación dunha comunidade enerxética e dará xa os primeiros pasos grazas ao apoio da Axencia Instituto Enerxético de Galicia que vén de concederlles 11.040€, o 80% do custo subvencionable, para contratar a asistencia técnica para definir as insfraestruturas enerxéticas necesarias e fixar os estatutos que rexerán a operativa e xestión da súa primeira comunidade enerxética.

 

A constitución dunha comunidade enerxética fomenta a participación da cidadanía na transición enerxética, promove o uso de enerxías renovables fronte aos combustibles fósiles, contribúe a reducción de emisións de CO2 e establece mecanismos para loitar contra a pobreza enerxética.

 

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que o futuro do concello pasa polo respecto e protección do medio natural, unha das principais riquezas do concello, por establecer modelos de vida máis saudables e por sumarse a procedementos, tecnoloxías e accións que camiñen neste senso.

 

As comunidades enerxéticas posibilitan a creación de emprego e estimula o desenvolvemento de negocios locais relacionados directa ou indirectamente co sector das renovables, ademáis de engadir un valor adicional a nivel local ofrecendo a posibilidade de promover novos investimentos na comunidade.

 

A primeira comunidade enerxética de Covelo terá a fórmula de asociación sen ánimo de lucro que promoverá a producción e consumo de enerxía renovable por parte da veciñanza, pequeñas e medianas empresas e administración local. Calquera persoa interesada poderá adherirse como socio ou membro desta comunidade enerxética que verá a luz unha vez encargados os traballos de asistencia técnica e redactadas as súas bases.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade