Present News



Cita coa artesanía, a música, a gastronomía e o produto local en Covelo esta fin de semana
- 31/07/2024 -

De 11:30 a 12:30 horas terá lugar o showcooking no que se cociñarán dúas receitas e ás 12:30 horas música en directo con Pepe Piña
Nova cita coa artesanía, a música, a gastronomía e o produto local este sábado coa Mostra de Produtos de Covelo. De 10:00 a 14:00 horas a praza Mestre Cerviño encherase de postos ambulantes nos que poderemos mercar alimentos frescos, artesanía, produtos textiles, prantas ou xoiaría entre outros; ademáis de desfrutar dunha boa tapa de polbo.

 

De 11:30 a 12:30 horas terá lugar o showcooking no que se cociñarán dúas receitas para a súa posterior degustación. Ás 12:30 horas comeza a sesión vermú coa actuación en directo de Pepe Piña e as súas “Versións da mellor música do mundo”.

 

A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra e permite conectar a produtores e consumidores nun evento onde tamén relacionarse e socializar.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade