Nesta edición especial haberá obradoiros de pintura, música e animación para os máis pequenos e pequenas da casa.
Esta xornada especial súmase ás que se celebran cada primeiro sábado de mes co apoio da Deputación de Pontevedra. A Mostra de Produtos de Covelo contacta aos productores locais coa veciñanza da área metropolitana que ademais de gozar deste encontro aproveita para facer sendeirismo, coñecer o patrimonio histórico local e descobrir novas paraxes naturais.
Son moitas as persoas que, con ocasión da feira, aproveitan para pasar a fin de semana degustando a gastronomía local, percorrendo as múltiples rutas de sendeirismo e aloxándose nas casas e hoteis rurais que ofrece Covelo.