Actualidade e Noticias



Trinta nenas e nenos desfrutaron do verán no VII Campus Multideporte do Concello de Covelo
- 26/07/2024 -

Nenas e nenos de Covelo de entre 6 e 15 anos participaron en actividades que facilitaron e favoreceron a conexión do grupo
Dende o 25 de xuño e ata o 1 de xullo trinta nenas e nenos desfrutaron do verán no VII Campus Multideporte do Concello de Covelo. A través dunha metodoloxía activa, participativa, comunicativa, lúdica e educativa impartida por medio de actividades que fomentan valores positivos nenas e nenos de Covelo de entre 6 e 15 anos participan en actividades que facilitan e favorecen a conexión do grupo e o traballo en equipo vinculado ao ocio educativo e deportivo. De 10:00 a 14:00 horas as familias puideron contar con este apoio que faciita a conciliación familiar e laboral. Baloncesto, skate, tenis, padel, xogos, obradoiro ecuestre, rutas a pé e fútbol sala son algunhas das modalidades deportivas practicadas. O Campus Multideporte é unha actividade financiada pola Deputación de Pontevedra.

 

Conscientes da necesidade que teñen as famílias de contar com apoios na crianza das fillas e fillos as actividades de conciliación tamén se completan coa oferta da escola de verán para nenas e nenos de 3 a 13 anos que aprenden a través de actividades lúdicas ao longo de todo o mês de xullo.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade