Actualidade e Noticias



O Coveloud colgou o cartel de cheo no Campo da Feira de Covelo
- 23/07/2024 -

Un evento musical do que gozaron mozos e adultos de toda a área metropolitana
 A terceira edició da Festa da Xuventude de Covelo colgou o cartel de cheo no novo emprazamento do Campo da Feira. Este ano a festa non só se trasladou da praza Mestre Cerviño ao Campo da Feira tamén mudou de nome para convertirse no Coveloud, un evento musical do que gozaron mozos e adultos de toda a área metropolitana. Groove Amigos, Traffic House, Marcos Gramola, Zoe Rey e Santi Gab encheron de ritmo Covelo. A festa suma adeptos e medra con cada edición na que o Concello ademais aposta por promocionar a artistas locais contando este ano co Dj de Covelo Santi, que sorprendeu a todos cun repertorio de ritmos e bucles moi novidosos e bailables.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade