Actualidad y Noticias



Erundina Gulías cumple 103 años en su casa de A Lamosa, Covelo
- 22/07/2024 -

A pesar de algún dolor que le hace reducir su movilidad, Erundina vive sola
A pesar da insistencia da súa familia para que se traslade a vivir con eles, Erundina Gulías Gulías prefire seguir vivindo soa na súa casa do barrio de Paredes, na Lamosa. Hoxe, 22 de xullo cumpre 103 anos e como ela di “comezo a vivir os meus 104 anos”.

 

Acompañada da súa irmá, dez anos menor ca ela, recíbenos no patio traseiro da súa casa, as escaleiras de acceso non son un problema para ela que goza de boa saúde e que a pesar dos achaques desenvólvese con soltura.

 

A súa familia era orixinaria do barrio de Alvite no concello ourensá de Beariz pero trasladáronse à Lamosa cando Erundina tiña tan só sete anos de idade. Dende entón e ata os 55 anos vivíu sempre en Paredes. Unha vez que enviuvou marchou cos seus dous fillos a México onde estivo dez anos. Hoxe quédalle un dos tres fillos, cinco netos e catro bisnetos. A pesar do amor que a arrodea aínda chora as perdas dos seus.

 

No seu patio recibe as chamadas das veciñas e veciños e da família, aténdoos a todos coa lucidez dunha moza e coa sabedoría dos anos cumpridos. En Paredes vive no seu fogar, coas súas veciñas e veciños, co apoio de Esther que axuda nos coidados e coa ollada atenta da súa familia que vai e ven dende Prado da Canda e dende México para pasar o máximo tempo con ela.

 

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, achegouse para felicitala no seu nome e no de toda a Corporación e compartíu conversa na que non faltaron os recordos de momentos pasados vividos na Lamosa e en México.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade