Present News



Recital €Lorca e Falla€ este sábado con Beatríz Díaz, José L. Bieito, Camilo García e Maife Gil en Barcia de Mera
- 19/07/2024 -

A organización adianta que o aforo é limitado sendo preciso reservar no número de teléfono 658 627 525
O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, sigue innovando para achegar a música a toda a cidadania e mañá sábado ofrecerá o recital “Lorca e Falla” con Beatríz Díaz, José Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil.


Ao longo destes seis meses o público que se achega ao Ciclo de Música ten o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo. A organización adianta que o aforo é limitado sendo preciso reservar no número de teléfono 658 627 525.


O programa, que volve contar co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Covelo, desenvolvese dende o 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo, conxunto recoñecido o ano pasado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.


O vindeiro concerto será xa en agosto co Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20,00 horas.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a participar neste espéctaculo que sorprende ao público pola fusión entre a beleza da contorna natural, o alto valor do conxunto barroco e a calidade artística das propostas.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade