O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, participou nos encontros informativos organizados pola subdelegación do goberno do Estado en Galicia co obxectivo de poder ofrecer novos servizos ou mellorar os existentes. No marco do programa UNICO-Demanda Rural do goberno do Estado a cidadanía pode optar a este servizo que ten un custo de 35 euros/mes IVE incluído de tarifa plana. A instalación subvenciónase ata 600€ e a persoa usuaria pode darse de baixa en calquera momento sen prazos de permanencia. A velocidade de baixada é de 200 megas, con 150 Gigas mensuais de descarga (libre en horario nocturno) e ofrecendo unha tecnoloxía de alta resiliencia e fiabilidade e doada instalación cunha antena parabólica, cableado e un router.