Present News



Covelo axudará a conciliar no mes de setembro
- 12/07/2024 -

As familias interesadas en participar neste programa que ofrece horario de mañá e tarde e posibilidade de horas soltas deben inscribirse antes do 20 de agosto

O Concello de Covelo informa que antes do 20 de agosto as familias interesadas deberán reservar praza na actividade de conciliación “Crianza en comunidade” que organiza para o mes de setembro o servizo municipal de conciliación financiado con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de Igualdade.

Esta actividade desenvolverase no mes de setembro en horario de mañá e de tarde para nenas e nenos de 3 a 13 anos. Así, os días non lectivos 2, 3, 4, 5 e 6 de setembro o servizo desenvolverase en horario de 09:00 a 14:00 horas no edificio multiúsos do Concello de Covelo. En horario de tarde terá lugar dende o 2 de setembro de luns a xoves, ámbolos dous incluídos, de 16:00 a 19:00 horas no CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo.


O Concello informa que se ofrecerá tamén aula matinal e tardía e a posibilidade de facer uso deste servizo de conciliación familiar e laboral en días soltos respectando sempre as condicións marcadas no programa.


As familias interesadas deberán contactar co Concello no número de teléfono 986 65 00 27 extensión 3. As bases poden consultarse na páxina web do Concello ou premendo nesta ligazón https://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/BASES BOLSA DE COIDADO PROFESIONAL 2024_ SERVIZO DE CONCILIACIÓN_ CRIANZA EN COMUNIDADE (5).pdf 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade