Postos de produtos de alimentación, pulpeiro, cestaría, cosmética natural, decoración, horta, maquetería, prantas, de tatuaxe con henna, textiles e xoiaría, entre outros moitos, nos que mercar e aprezar o traballo local e o realizado a man.
Ás 11:30 comezará o showcooking con elaboración de dúas receitas e degustación para as persoas participantes. A partir das 12:30 horas música tradicional cubana para amenizar a sesión vemú con El Cuarto de Tula que ofrecerá un repertorio de Buenavista Social Club.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a toda a cidadanía a participar desta xornada e aproveitar a súa estancia para coñecer o patrimonio histórico e etnográfico ou percorrer algún dos sendeiros que nos descobren a rica fauna e flora de Covelo.
A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.