Actualidade e Noticias



Solicitada a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística
- 10/04/2022 -

Covelo disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega
O Concello de Covelo vén de solicitar a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística para traballar pola defensa e emprego da lingua galega en tódolos ámbitos, educativos, socioceonómicos, culturais, administrativos…

 

Nos últimos anos, e coa intención de potenciar o emprego da lingua galega, o goberno de Covelo aprobou e implementou unha ordenanza para o impulso social da lingua galega. Ademais realizou diversas accións de dinamización da nosa lingua ao abeiro de distintas axudas e subvencionou libros e publicacións destinadas ao estudo e actualización da toponomia no concello.

 

Coa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística o concello de Covelo participará na promoción da lingua galega e beneficiarase de novas ferramentas de sensibilización e posta en valor.

 

Este novo paso na defensa e fomento do uso da nosa lingua súmase ás iniciativas realizadas nos últimos anos e supón unha formalización do compromiso coa nosa lingua materna. Ademais, formando parte da rede Covelo disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade