Nos últimos anos, e coa intención de potenciar o emprego da lingua galega, o goberno de Covelo aprobou e implementou unha ordenanza para o impulso social da lingua galega. Ademais realizou diversas accións de dinamización da nosa lingua ao abeiro de distintas axudas e subvencionou libros e publicacións destinadas ao estudo e actualización da toponomia no concello.
Coa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística o concello de Covelo participará na promoción da lingua galega e beneficiarase de novas ferramentas de sensibilización e posta en valor.
Este novo paso na defensa e fomento do uso da nosa lingua súmase ás iniciativas realizadas nos últimos anos e supón unha formalización do compromiso coa nosa lingua materna. Ademais, formando parte da rede Covelo disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega.