Present News



Tributo a Juan Pardo en Casteláns, Covelo, esta fin de semana
- 20/06/2024 -

Sábado 22 de xuño a partir das 19:00 horas o parque da casa cultural Costa-Casteláns
O Concello de Covelo convida a desfrutar do verán participando nas distintas propostas de lecer gratuítas que se desenvolverán tanto no centro urbano como nas parroquias. Este sábado 22 de xuño a partir das 19:00 horas o parque da casa cultural Costa-Casteláns acollerá o concerto “Anduriña. Tributo a Juan Pardo” que ofrecerán Antonio Barros e Ialma.


Máis lecer

O día 21 ás 20 horas chega a cita co teatro coa compañía A Utópica Rodante e “De Vilatriste e Vilalegre”. O 22 ás 19 horas en Casteláns tributo a Juan Pardo con Antonio Barros e Ialma. O 23 haberá unha visita guiada ao Serradoiro dos Carranos e aula da natureza. O 25 comezará o VII Campus Multideporte, o 29 en Barcia de Mera a veciñanza terá sesión de cine e o 30 a ruta de sendeirismo guiada Pedra do Lobo.


No mes de xullo iniciaranse as clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga, o día 5 en San Salvador de Prado ofértase a actividade Ceo De Verán- Paraxe Starlight guiada por Julio Eiroa. O día 6 haberá cita coa Mostra de Produtos de Covelo con música en directo e obradoiros para os máis pequenos e pequenas. Este mesmo día en Barcia de Mera terá lugar un novo concerto do Ciclo de Música e o día 13 cine de verán na praza Mestre Cerviño de Covelo. O día 19 contos infantís no centro urbano e o día 20 un novo concerto de música clásica en Barcia de Mera. A Festa da Xuventude chegará o día 20 para abrir o programa das festas patronais e do churrasco nas que volverán as orquestras, concursos, concertos e festa gastronómica no Campo da Feira.


En agosto o programa continúa con cine, festa da bicicleta, feira de artesanía, clases de natación, charangas, roteiros e actividades infantís.


O alcalde, Pablo Castillo, sinala que seguirán apostando por actividades variadas programadas para todos os públicos e convida a toda a cidadanía e visitantes a gozar das rutas e paraxes naturais, da praia fluvial e da oferta gastronómica.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade