Present News



Aberto o prazo para inscribirse nas actividades deportivas gratuítas do Concello de Covelo
- 18/06/2024 -

O prazo de inscrición estará aberto ata esgotar as prazas
Co obxectivo de promover a cultura deportiva e o exercicio como forma de mellora da saúde e a calidade de vida da poboación a Concellería de Deportes do Concello de Covelo organiza diferentes actividades na piscina e pavillón municipal de cara á tempada de verán. O Concello informa que xa está aberta a inscrición para os cursos de ximnasia acuática e de mantemento para adultos e para os cursos de iniciación e perfeccionamento de natación e para adultos, cativos e mocidade.


Para inscribirse nestas actividades totalmente gratuítas haberá que achegarse á Casa do Concello de 9 a 14 h ou na sede electrónica da páxina web do concello de Covelo. As prazas confirmaranse por riguroso orde de inscrición trala entrega de toda documentación. O prazo de inscrición estará aberto ata esgotar prazas. As persoas empadroadas terán preferencia.


Promover a actividade e un estilo de vida activo e saudable por parte das persoas é unha das intencións do goberno do Concello de Covelo que ao longo de todo o ano promove propostas de lecer e tempo libre gratuítas en contacto coa natureza como as rutas guiadas por expertos, clases de ximnasia para adultos no pavillón municipal e seminarios e charlas coa colaboración da Universidade de Vigo, AFAGA e Centro de Saúde, entre outros organismos. O Concello destina ao desenvolvemento destas actividades deportivas do mes de xullo e agosto un total de 3.910, 98 €.


As actividades de ximnasia acuática e de mantemento para adultos realizaranse tres días por semana e desenvolveranse entre o 1 e o 31 de xullo de 2024. As actividades de natación para adultos e crianzas realizaranse tres días por semana e desenvolveranse entre o 1 e o 31 de agosto de 2024. Nestas clases de natación adquiriranse destrezas para dominar as técnicas de respiración, flotación e desprazamento na auga con clases de iniciación para os nacidos entre 2019 e 2010 e de perfeccionamento para o resto.


HORARIOS consulte aquí





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade