Present News



O Concello de Covelo estrea App de incidencias
- 14/06/2024 -

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP €Meu Concello€, que estará dispoñible en Google Play (para Android) e a APP Store (para iOS) de maneira gratuíta
O Concello de Covelo adhírese ao proxecto da Deputación de Pontevedra “Meu Concello” co obxectivo de estar máis preto da cidadanía e ofrecer un servizo público máis áxil. A aplicación de teléfono móbil "Meu Concello" funcionará como unha canle directa de comunicación co Concello.


Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP “Meu Concello”, que estará dispoñible en Google Play (para Android) e a APP Store (para iOS) de maneira gratuíta.


Trala súa instalación a persoa usuaria só ten que seleccionar o seu concello e, para comunicar unha incidencia, basta con premer sobre o botón "Nova Incidencia", o que despregará un menú coas diferentes tipoloxías. A persoa usuaria selecciona aquela sobre a que quere comunicar e, de forma automática, a aplicación detecta as coordenadas exactas nas que se atopa o problema. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia, escribir unha observación sobre a mesma e premer o botón de enviar.


Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe a notificación e, a partir dese momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. A cidadanía, á súa vez, recibe unha notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado. Tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón de "Enviadas".


Ademais de comunicar unha incidencia, as persoas poden acceder a información propia do municipio e a puntos de interese do mesmo.


Ao servizo tamén se pode acceder a través do dominio https://meuconcello.com. Basta con introducir unhas claves de acceso para así poder utilizar todas as funcionalidades que ofrece a ferramenta. A través da implantación deste canal directo de comunicación entre o Concello e os seus administrados, preténdese coñecer as necesidades reais do municipio para así poder atender dunha forma mais rápida e precisa as peticións dos veciños.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade