Actualidade e Noticias



Roteiro polo sendeiro do Val do Louro esta fin de semana en Covelo
- 06/04/2022 -

A concellería de Turismo do concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar nesta actividade totalmente gratuíta e de cinco horas de duración
O Concello de Covelo a través da concellería de Turismo convida á cidadanía a participar no roteiro que percorrerá o sendeiro Val do Louro. Será este sábado día 9 e partirá ás nove da mañá dende o cruce de Cernadela (Covelo) na estrada PO-255 km 35.

 

Totalmente de balde, cun máximo de vinte participantes e ata esgotar prazas, o roteiro terá un trazado circular dunha duración de cinco horas para 12 km aproximadamente. Trátase dun roteiro parcialmente iluminado nun tramo de 1 km para visitar o muiño do Val do Louro. As persoas interesadas deben inscribirse no número de teléfono 654 500 652.

 

Organizados polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos) para o ano 2022, os roteiro e as visitas guiadas ao serradoiro dos Carranos enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.


 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade