Asociacionismo e a solución cooperativa.
- 09/04/2016 -
O Xogo de creación de empresas #ASoluciónCooperativa, enmárcase no programa de actuación 2016 da Rede Eusumo.
O sábado 9 de abril, de 10 a 13 horas na Casa do Concello (Praza do Mestre Cerviño, 2). Inscríbete facilitando nome, DNI e email.
ASolucionCooperativa
Xogo de creacion de empresas
9 abril 2016 de 10:00 a 13:00h
O Xogo de creación de empresas #ASoluciónCooperativa enmárcase no programa de actuación 2016 da Rede Eusumo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. A través da Rede Eusumo: Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa. Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social. Impúlsase o modelo asociativo e empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.
Concello de Covelo, Casa do Concello
Praza do Mestre Cerviño, 2. 36872 (Pontevedra) -
Inscríbete facilitando nome, DNI e email en:
Rede eusumo: info@eusumo.coop, no teléfono 981558008 ou nas oficinas do Concello.
A actividade ten carácter gratuíto.
Descarga el díptico informativo aquí