Present News



Covelo prepara os espazos públicos para o verán
- 08/06/2024 -

O Concello pide a colaboracion de todas as propietarias e propietarios no mantemento axeitado dos terreos
O Concello de Covelo prepara os espazos públicos para o verán e nestes días realiza tarefas de limpeza e desbroce nas catorce parroquias.


Tendo en conta as datas das festividades e actividades máis salientables de cada parroquia o Concello planificou o traballo do persoal contratado co plan +Provincia da Deputación de Pontevedra para que desbrocen e limpen parques públicos, prazas, contornas de fontes, torreiros de festas, lavadoiros, zonas deportivas, cemiterios municipais, casas e centros culturais e espazos públicos de lecer. Tamén se actuará nos dous tramos da Vía Mariana e nas catro rutas de sendeirismo do Concello, Alén, Aqua, Carranos e Ponte Piñeiro.


Para contribuír na prevención de incendios e na conservación do patrimonio natural o Concello contratou tamén empresas externas para poder actuar nunha superficie maior. O Concello de Covelo ten máis de 124 quilómetros cadrados por iso solicita a colaboración das e dos propietarios de terreos no mantemento axeitado e obrigado por lei das súas propiedades.


Sabemos que moitas e moitos propietarios residen lonxe pero debemos ser responsables e atender á normativa que esixe un determinado mantemento das propiedades. Só facendo une esforzo conxunto podemos protexer o noso patrimonio medioambiental, unha riqueza que debemos saber xestionar entre todos, sector público e privado”, explica o alcalde, Pablo Castillo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade