Actualidade e Noticias



Covelo entregou os diplomas do curso de almacén e picking
- 06/06/2024 -

Doce persoas participaron neste curso de formación do VIII Programa Municipal de Formación 2024 Concello de Covelo
Doce persoas recibiron o diploma do curso de almacén e picking ofrecido polo Concello de Covelo no marco do VIII Programa Municipal de Formación 2024. Deseñados e programados logo dun proceso de participación e consenso os cursos pretenden mellorar a inserción laboral das persoas participantes.


Ao longo de cinco dias e con horario continuo recibiron clases teóricas e tamén prácticas para adaptar o máis posible os coñecementos ao perfil de traballador/a que demanda o mercado laboral.


O goberno de Covelo salienta a importancia de ofrecer formación nas instalacións e espazos municipais para evitar desprazamentos e facilitar tamén a conciliación laboral, formativa e familiar.


Módulo de Igualdade (ODS 5)

O Concello de Covelo da un paso máis na calidade dos contidos dos cursos e inclúe un módulo de igualdade en cada un dos cursos avanzando así no seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente co ODS 5 Igualdade de Xénero promovendo o acceso en igualdade de condicións e oportunidade a un traballo digno. Segundo explica a concelleira de Igualdade, María José Valiñas, os contidos que se tratarán forman parte do material de sensibilización para a corresponsabilidade e novas masculinidades dos proxectos realizados polo Concello de Covelo en materia de igualdade, neste caso con financiamento a través do Plan Corresponsables.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade