Present News



Programación Verán Cultural de Covelo
- 04/06/2024 -

Actividades para todos os públicos e distribuídas polas parroquias para achegar a cultura a toda a veciñanza
Un tributo a Juan Pardo con Antonio Barros e Ialma o día 8 de xuño en Casteláns abrirá a programación do Verán Cultural do Concello de Cultural. Con esta actuación musical que terá lugar ás seis da tarde o Concello presenta un programa con actividades en distintas parroquias e para tódolos públicos.

 

Dar a oportunidade de gozar dun tempo de lecer e descentralizar é o obxectivo que persegue o goberno de Covelo ao distribuír en distintas parroquias as propostas culturais e lúdicas. De xeito rotatorio cada verán o Concello procura achegar ás parroquias algunha das actividades deseñadas para o goce da ciudadanía.

 

Concertos, verbenas, obradoiros para cativas e cativos, eventos deportivos, Dj´s, teatro, cine, roteiros e moitas outras propostas para ter un tempo de descanso activo no Concello de Covelo.

 

Nesta liña de levar a cultura ás parroquias o día 15 Barcia de Mera acollerá un novo concerto do Ciclo de Música de Barcia de Mera con Ensemble Orphelion ás 20 horas. O día 21 en Covelo e tamén ás 20 horas chega a cita co teatro coa compañía A Utópica Rodante e “De Vilatriste e Vilalegre”. O 23 haberá unha visita guiada ao Serradoiro dos Carranos e aula da natureza. O 25 comezará o VII Campus Multideporte, o 29 en Barcia de Mera a veciñanza terá sesión de cine e o 30 a ruta de sendeirismo guiada Pedra do Lobo.

No mes de xullo iniciaranse as clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga, o día 5 en San Salvador de Prado ofértase a actividade Ceo De Verán- Paraxe Starlight guiada por Julio Eiroa. O día 6 haberá cita coa Mostra de Produtos de Covelo con música en directo e obradoiros para os máis pequenos e pequenas. Este mesmo día en Barcia de Mera terá lugar un novo concerto do Ciclo de Música e o día 13 cine de verán na praza Mestre Cerviño de Covelo. O día 19 contos infantís no centro urbano e o día 20 un novo concerto de música clásica en Barcia de Mera. A Festa da Xuventude chegará o día 20 para abrir o programa das festas patronais e do churrasco nas que volverán as orquestras, concursos, concertos e festa gastronómica no Campo da Feira.

 

En agosto o programa continúa con cine, festa da bicicleta, feira de artesanía, clases de natación, charangas, roteiros e actividades infantís.

 

O alcalde, Pablo Castillo, sinala que seguirán apostando por actividades variadas programadas para todos os públicos e convida a toda a cidadanía e visitantes a gozar das rutas e paraxes naturais, da praia  fluvial e da oferta gastronómica.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade