Postos de produtos de alimentación, cestaría, cosmética natural, decoración, horta, maquetería, prantas, de tatuaxe con henna, textiles e xoiaría, entre outros moitos, nos que mercar e aprezar o traballo local e o realizado a man.
Ás 11:30 Barafunda animación ofrecerá o contaconto teatralizado “Pepiña Maruxiña quere voar” un espectáculo educativo e lúdico animado con efectos sonoros. A partir das 12:30 e como de costume chega a sesión vermú con música en directo, nesta ocasión a cargo das Retranqueiras de Barcia de Mera, Sons do Suído e Poker dos Barallocas. Ademais, as persoas asistentes poderán gozar da boa gastronomía da hostalaría local e do polbo á feira.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a toda a cidadanía a participar desta xornada e aproveitar a súa estancia para coñecer o patrimonio histórico e etnográfico ou percorrer algún dos sendeiros que nos descobren a rica fauna e flora de Covelo.
A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.