Present News



Covelo amosará o potencial dos seus produtos locais na feira SALIMAT de Silleda
- 30/05/2024 -

Capón de Covelo, caracois, carne de vacún ou mel serán algúns dos produtos que venderán calidade
Visibilizar o produto local, potenciar o rural como lugar onde emprender e vender calidade son algúns dos obxectivos da liña de promoción e apoio aos produtores do Concello de Covelo na que traballa o grupo de goberno segundo adianta a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes.


Con este fin, Concello e produtores participan na feira SALIMAT ABANCA dende hoxe e ata o 2 de xuño. Nun stand do Concello, financiado con fondos propios, promocionaranse e venderanse produtos locais como caracois, capón de granxa, mel e carne, entre outros produtos. Deste xeito o Concello ofrece aos emprendedores locais que apostan polo agro un escaparate no que presentarse.


Estaremos ubicados nun punto central de moito tránsito de público entre dous stands de Andalucía. Cremos que debemos potenciar as posibilidades e potencialidades das nosas terras que son capaces de producir e de lanzar ao mercado calidade”, explica a concelleira.


Nesta feira ademais, manterán contacto con distribuidoras, empresas proveedoras e comerciais coas que poderán establecer alianzas e negocios e detectar oportunidades de negocio. Tamén poderán tomar contacto con outras e outros produtores e aprender da súa experiencia.


Nas feiras podemos coñecer de preto como traballan outros emprendedores e tamén temos a ocasión de traballar en equipo entre as e os produtores locais e así sacarlle o máximo rendemento ás nosas sinerxias”.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade