Actualidade e Noticias



Presentación do programa de igualdade €Clara€ no Concello de Covelo
- 24/05/2024 -

Este novo servizo público funcionará dous días á semana e ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar itinerarios profesionais adaptados
O Concello de Covelo convida a participar na presentación do programa de igualdade “Clara” que estará destinado a favorecer a inserción social e laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial vulnerabilidade, empadroadas nos Concellos da Cañiza e de Covelo. A empresa que desenvolverá este servizo presentará as accións que realizarán e conversará coa ANPA do CEIP Antonio Rodríguez Blanco, co persoal do Centro de Saúde Local e coas persoas asistentes. Será o luns día 27 ás 17:30 horas no auditorio municipal.

 

A concelleira de igualdade, María Valiñas, salienta a importancia desta iniciativa deseñada para apoiar ás mulleres do rural facilitándolles información e formación e un acompañamento que lles transmita seguridade e proporcione autonomía.

 

No Concello de Covelo desenvolverán un servizo a demanda con cita previa ou consulta on line se así o solicitan que ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar itinerarios profesionais adaptados, entre outras accións.

 

Este programa conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta que concedeu aos dous Concellos unha axuda de 16.420,80 € ao abeiro das subvencións para a promoción da igualdade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

 

A Cañiza e Covelo asinaron o pasado mes de marzo o convenio e a proposta de colaboración nos respectivos plenos extraordinarios. O programa leva o nome de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade