A concelleira de igualdade, María Valiñas, salienta a importancia desta iniciativa deseñada para apoiar ás mulleres do rural facilitándolles información e formación e un acompañamento que lles transmita seguridade e proporcione autonomía.
No Concello de Covelo desenvolverán un servizo a demanda con cita previa ou consulta on line se así o solicitan que ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar itinerarios profesionais adaptados, entre outras accións.
Este programa conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta que concedeu aos dous Concellos unha axuda de 16.420,80 € ao abeiro das subvencións para a promoción da igualdade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
A Cañiza e Covelo asinaron o pasado mes de marzo o convenio e a proposta de colaboración nos respectivos plenos extraordinarios. O programa leva o nome de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.