Neste mes o Concello actuou na mellora da drenaxe e peche perimetral da casa social de Baldomar e realizou obras de mantemento na casa cultural de Prado e na da Bugariña.
“As casas e centros culturais e sociais son espazos vitais nos que a veciñanza pode desenvolver diferentes actividades e supoñen insfrestruturas esenciais para a dinamización social”, explica o alcalde Pablo Castillo.
Co obxectivo de ofrecer espazos públicos confortables e de calidade o Concello procedeu ao peche total da parcela da casa social de Baldomar, á mellora da drenaxe da contorna do edificio e á colocación dunha fonte e canastas de minibasket nas pistas deportivas. Na actualidade a parcela estaba aberta nalgúns puntos entrando o gando nas inmediacións, ademais carecía de portal de entrada e había filtracións de humidade nunha das fachadas da casa.
Para a execución do proxecto primeiro houbo que desmontar unha parte do peche prefabricado de formigón existente e substituílo por vallas de madeira, realizouse tamén a cimentación para o raíl do portal e a súa posterior colocación. Procedeuse, tamén, a instalar postes de madeira e pasamáns no acceso á casa cultural, mellorouse a recollida de augas cun novo canalón e baixante de chapa de aceiro na parta traseira e fíxose unha drenaxe profunda na zona comprendida entre a casa social e o terreo de atrás donde se acumulaba auga, entre outras actuacións, tendo un importe total de 27,226,66€.
Ademais, tamén se actuou nas casas culturais da Bugariña e de Prado da Canda, utilizadas polas respectivas asociacións de veciños/as, as comunidades de montes en man común e a comunidade de augas. Nestes centros acometéronse obras de mantemento, limpeza e pintado de fachadas por un importe de 10.000€.