Present News



Covelo inviste preto de 40.000€ na mellora de tres casas culturais
- 06/04/2022 -

O Concello executou melloras de drenaxe do edificio e do peche perimetral da casa social de Baldomar, ademais da colocación de canastas de minisbasket
No marco do plan de posta en valor e mellora dos espazos públicos municipais, o goberno de Covelo executou reformas e obras de mantemento en tres casas e centros culturais. Financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello destinou un total de 37.226,66€.


Neste mes o Concello actuou na mellora da drenaxe e peche perimetral da casa social de Baldomar e realizou obras de mantemento na casa cultural de Prado e na da Bugariña.


As casas e centros culturais e sociais son espazos vitais nos que a veciñanza pode desenvolver diferentes actividades e supoñen insfrestruturas esenciais para a dinamización social”, explica o alcalde Pablo Castillo.


Co obxectivo de ofrecer espazos públicos confortables e de calidade o Concello procedeu ao peche total da parcela da casa social de Baldomar, á mellora da drenaxe da contorna do edificio e á colocación dunha fonte e canastas de minibasket nas pistas deportivas. Na actualidade a parcela estaba aberta nalgúns puntos entrando o gando nas inmediacións, ademais carecía de portal de entrada e había filtracións de humidade nunha das fachadas da casa.


Para a execución do proxecto primeiro houbo que desmontar unha parte do peche prefabricado de formigón existente e substituílo por vallas de madeira, realizouse tamén a cimentación para o raíl do portal e a súa posterior colocación. Procedeuse, tamén, a instalar postes de madeira e pasamáns no acceso á casa cultural, mellorouse a recollida de augas cun novo canalón e baixante de chapa de aceiro na parta traseira e fíxose unha drenaxe profunda na zona comprendida entre a casa social e o terreo de atrás donde se acumulaba auga, entre outras actuacións, tendo un importe total de 27,226,66€.


Ademais, tamén se actuou nas casas culturais da Bugariña e de Prado da Canda, utilizadas polas respectivas asociacións de veciños/as, as comunidades de montes en man común e a comunidade de augas. Nestes centros acometéronse obras de mantemento, limpeza e pintado de fachadas por un importe de 10.000€.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade