Co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral, a Escola de Verán abre as súas portas a nenas e nenos de 3 a 13 anos. Para obter máis información deberán contactar no número de teléfon 986 65 00 27, extensión 3 ou no correo electrónico servizossociais.covelo@fegamp.gal. As bases pódense consultar na páxina web do concello https://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/20240509_Outros_DECRETO APROBACIÓN BASES ESCOLA DE VERAN 2024.pdf
O vindeiro 24 de maio o Concello procederá a publicar a listaxe de nenas e nenos admitidos e o pagamento deberá formalizarse entre o 31 de maio e o 7 de xuño. O prezo para as persoas empadroadas será de 20 euros e para non empadroadas de 40€.