Actualidade e Noticias



Covelo entrega os diplomas dos primeiros cursos do 2022
- 04/04/2022 -

O Concello impartíu tres cursos de formación de contido práctico e teórico para unha mellora da inserción laboral
O Concello informa do remate do primeiro ciclo de cursos de formación do 2022 que permitiron a mellora do curriculum de persoas desempregadas ou non e unha actualización de coñecementos dos e das participantes.

 

Logo dunha consulta pública na que se recolleu as prioridades formativas da poboación, o Concello ofreceu tres cursos que contaron cunha parte teórica e outra práctica. En concreto ofreceuse un curso de operador/a de plataformas móbiles PEMP de oito horas de duración, un curso de carretilleiro/a de 15 horas de duración e un de operario/a de almacén e loxística de 40 horas de duración.

 

O obxectivo dos cursos, que foron financiandos con fondos propios, é promover a inserción laboral e mellorar o curriculum das persoas desempregadas ofrecendo formación de acorde á demanda do mercado, estando abertos no caso de que queden prazas dispoñibles a persoas en activo que desexen mellorar o seu curriculum como aconteceu nestes últimos cursos.

 

Nos vindeiros meses ofreceranse novos cursos de formación deseñados en base ás necesidades recollidas no proceso de participación.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade