Actualidade e Noticias



Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28
- 25/04/2024 -

De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en Maceira
O Concello de Covelo convida a participar na ruta guiada “Sendeiro Val do Louro” que terá lugar este domingo día 28. A inscrición é totalmente de balde e estará aberta no número de teléfono 654 500 652 ata cubrir as 25 prazas.


De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en Maceira. Este domingo o guía de montaña, Julio Eiroa, acompañará ás persoas participantes durante doce quilómetros nos que coñecer a fauna e a flora do Val do Louro e a importancia dos hábitats naturais da zona.


Enmarcada no proxecto “RíosAldeasMontañas”, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, o Concello de Covelo oferta de xeito estable visitas guiadas ao longo de todo o ano co obxectivo de promover hábitos de vida saudable e dar a coñecer o patrimonio etnográfico e medioambiental do concello. Esta iniciativa que pretende pór en valor a riqueza natural recolle actividades para a cidadanía en xeral e tamén para escolares.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade