Present News



Fin de semana de interpretación astronómica no Concello de Covelo
- 08/04/2024 -

O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse nas dúas actividades de observación do firmamento dende a contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado
O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse nas dúas xornadas de interpretación astronómica “Ceo de primavera. 4 estacións Starlight”. Enmarcadas na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuítas, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o vindeiro venres 12 de abril e sábado 13 de abril aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan mobilidade reducida. O punto e hora de encontro será na contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, dende 30 minutos antes do ocaso e 1/1,5 horas logo do solpor.

Acompañadas/os do monitor starlight da Fundación Starlight, Julio Eiroa, terán a oportunidade de contemplar as estrelas máis brillantes, aprenderán a orientarse e descubrirán constelacións. Covelo aposta así pola observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico posionándose como un dos Concellos de referencia para o coñecido “turismo das estrelas”.

Protexido da tensión da contaminación lumínica e caracterizado pola limpeza do seu ceo, o Concello de Covelo recibe a centos de visitantes cada ano que gozan de actividades nas que aprender e tamén deixar voar a imaxinación.

Ceos despexados, excelente claridade e a transparencia do aire son as condicións fundamentais requeridas para as observacións astronómicas e as actividades de turismo estelar que deben contan con ingredientes tan imperceptibles pero fundamentais como o brillo do ceo, a nitidez (seeing), a transparencia e a cobertura de nubes (tempo útil).

As persoas interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 654 500 652 ao ser esta unha actividade con prazas limitadas. O grupo gozará tamén dun petisco e a organización infroma que poderá verse aprazada a actividade por cuestións meteorolóxicas.

A programación de actividades de promoción turística e cultural do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade