Actualidade e Noticias



O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo sexta edición
- 04/04/2024 -

Oito concertos dende o 27 de abril ao 14 de setembro para os que será preciso reserva previa
A organización do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo sexta edición acompañada do alcalde de Covelo, Pablo Castillo; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Ao acto, que tivo lugar no Hotel Balneario de Mondariz, tamén asistíu o alcalde de Mondariz Balneario e os voceiros dos distintos grupos da Corporación, entre outras persoas que quixeron arroupar coa súa presenza esta cita anual coa música culta.

 

Durante a presentación a organización tivo palabras de agradecemento para as administracións que fan posible este Ciclo, especialmente para a Xunta de Galicia que respalda cada edición. “Quero destacar a importancia desta iniciativa na que se realiza unha mestura perfecta de patrimonio e música, achegando a cultura aos entornos rurais” director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

 

Oito concertos que farán viaxar ao público asistente a través dos séculos, dende o XV ao XVI e XVII, pasando polo século XX e chegando aos nosos días. Neste percorrido pola música doutros tempos tamén haberá momento para deleitarse con temas musicais de bandas sonoras do cine. “Ofreceremos un marco temporal amplo e como en cada edición novidades. O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera medra e cada ano que pasa recibimos máis propostas de grupos e músicos interesados en actuar”, explica o sacerdote Rafael Antela que xunto a Nieves García-Soto fixo posible esta iniciativa.

 

Sentimos un profundo agradecemento porque esta cita musical foi capaz de posicionar o nome do noso Concello no panorama da música e na axenda dos mellores músicos do mundo”, salientou Pablo Castillo.

Un ano máis o Ciclo innovadará e ofrecerá sorpresas ás persoas asistentes. Esta edición contará co primeiro concerto de piano da man da prestixiosa pianista Judith Jáuregui, segundo adiantou Nieve García-Soto. “Aíinda que en anos anteriores tivemos algunha participación de pianista foron contadas dadas as dificultades de volume e mobilidade que ofrece o instrumento e por fin nesta décimo sexta edición teremos un concerto único e unha oportunidade única de escoitar música de piano na igrexa de San Martiño”.

 

Vox Stellae será o encargado de inaugurar o Ciclo o vindeiro 27 de abril e farao interpretando obras dos arquivos da catedral de Tui e da de Santiago de Compostela. Os cubanos afincados en España Ars Longa chegarán o 25 de maio con música de hispanoamérica. Ensemble Orphelion estará o 15 de xuño e o 6 de xullo terá lugar o primeiro concerto de piano. Para render homenaxe a Lorca e Falla, Beatríz Díaz, José Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil non só recitarán e acompañarán con música de guitarra os poemas de Lorca tamén interpretarán as cancións escritas polo poeta. O 15 de agosto o Grupo Fua e o 31 Cacellos. A Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia pechará esta nova edición o 14 de setembro.

A organización recomenda reservar entrada ao haber aforo limitado.

 

 

 

 

 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade