De 10 da mañá á 14 horas e de xeito ininterrumpido a praza recibirá a todas aquelas persoas que desexen facer compras, socializar, bailar ou degustar postres e comida da casa mentres gozan das distintas actividades gratuítas que o Concello ten programado. De 11:30 a 13:30 Teatro Lambe, Lambe presenta o seu espectáculo “A Bailarina. ¿Dónde está el alma?” unha adaptación do conto “A Bailarina” de K.Gibran e textos de Joaquín Araújo. Esta novidosa proposta de teatro de animación con bonecos e obxectos que, acompañados dun relato e/ou música dentro dunha caixa escénica, representan, en non máis de 5 min, situacións secretas que son apreciadas por só 1 ou 2 espectadores á vez que se colocan os auriculares e observan a obra a través dunha diminuta fiestra. A sesión vermouth virá acompañada da música popular das “Retranqueiras de Barcia de Mera” e “Sons do Suído”.
Un pulpeiro e postos con produtos de alimentación completarán a oferta de lecer da feira de de Covelo na que produtores, veciñanza e visitantes comparten e intercambian coñecementos, experiencias e inquedanzas.
A Mostra de Produtos de Covelo celébrase grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra e dentro da programación estable de actividades de dinamización cultural e de lecer que oferta de xeito gratuíto o Concello de Covelo.