Present News



Quedada no auditorio de Covelo para apoiar á dramaturga Laura Porto
- 20/03/2024 -

A partir das 20:30 horas de mañá xoves o auditorio municipal de Covelo abrirá as súas portas para seguir a gala de entrega de premios dos XXVIII Premios de Teatro María Casares retransmitida por streaming
O Concello de Covelo convida a participar na “quedada” de apoio a súa veciña, Laura Porto, dramaturga covelense nominada na categoría “mellor texto orixinal” aos XXVIII Premios de Teatro María Casares.


A partir das 20:30 horas de mañá xoves o auditorio municipal de Covelo abrirá as súas portas para seguir a gala retransmitida por streaming. Os Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entregaranse este xoves, 21 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a partir das 20.30 horas. A gala de entrega será un homenaxe ao “teatro musical” con “mar de fondo” no que os elementos marítimos serán unha constante sobre o escenario.


Laura, de tan só 31 anos, compite na categoría ao mellor texto orixinal coa obra A Nai, unha produción de Amorodio Teatro, compañía formada por Carmen Facorro e Javi Castiñeira. Na mesma categoría están nomindos os espectáculos Códice K, de Ainé e Mosca, de Ártika Cía.


A Nai é o segundo traballo da dramaturga covelense no circuíto profesional. Esta obra, escrita íntegramente por Laura Porto conta a historia das tres irmás Touza de Ribadavia que nos anos 30 e 40 axudaron a fuxir do nazismo a arredor de 500 persoas perseguidas. Ademais de relatar a vida destas afoutadas irmás a obra visibiliza o importante papel das mulleres e a crianza ademais de abordar a crise migratoria actual.


Laura Porto compaxina o seu traballo de dramaturga co perfil de técnica e mesmo directora, ademais de realizar traballos de xestión cultural e impatir clases.










 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade