Actualidade e Noticias



Silvina Rivera González cumpre 101 acompañada dos seus
- 18/03/2024 -

Esta veciña da parroquia de Godóns naceu un 16 de marzo de 1923
O Concello de Covelo a través do seu alcalde, Pablo Castillo, felicitou a Silvina Rivera González polo seu 101 cumpreanos. Nada o 16 de marzo de 1923 Silvina vivíu sempre no barrio de As Covilloas lugar do Coto, na Bugariña, parroquia de Godóns ata que hai catro anos marchou vivir coa súa neta para Vigo.


Na súa parroquia natal vivíu coas súas dúas fillas Amelia e Felicita mentres seu home, José Prado Domínguez, gañaba cartos na emigración en Portugal e Madrid. Salientan dela a súa capacidade para adaptarse á vida e superara as adversidades, “cando finou miña nai trouxémola para Vigo e adaptouse perfectamente. A perda das súas dúas fillas pésalle moito pero aínda así é alegre e unha boa compañeira da súa familia”, explica a súa neta Cristina Domínguez.


Agora ten catro netos e dous bisnetos e goza cada intre nos que os pode acompañar. Non rexeita un paseo pola cidade nin saír tomar café coa súa neta porque Silvina aos seus 101 anos está chea de vida. Traballadora incansable no campo volve á aldea sempre que a súa familia pode levala e alí recorda os tempos vividos na súa casa que, segundo indica, é anterior ao ano 1800.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade