Actualidade e Noticias



Ampliado o prazo de inscrición para o curso de operaria/o de almacén e picking do Concello de Covelo
- 08/03/2024 -

Ata o 15 de marzo as persoas interesadas poderán inscribirse neste curso de corenta horas
O Concello de Covelo informa que amplía o prazo de inscrición do curso de operaria/o de almacén e picking ata o día 15 de marzo.


Enmarcado dentro do Programa Municipal de Formación para o 2024 e deseñado pola concellaría de Emprego e Formación este curso terá unha duración total de 40 horas lectivas. Os cursos deste programa deséñanse dun xeito participativo tendo en conta a demanda da veciñanza e co asesoramento de empresas de formación e inserción laboral.


O obxectivo é apoiar ás persoas na procura de emprego, darlle novos recursos para facilitar a súa inserción laboral sen ten que afrontar custos de desprazamentos a outras vilas”, explica Lourdes Enes, concelleira de Formación e Emprego.


Para facilitar os desprazamentos e que as persoas poidan mellorar o seu curriculum vitae e formación dentro do seu propio Concello o curso impartirase na sala polivalente do edificio municipal de usos múltiples. Este novo curso terá lugar os días 20, 21, 22, 25, 26 e 27 de marzo e os días 1 e 2 de abril en horario de mañá de 9 a 14 horas.


O Concello aplicará o prezo establecido na ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación de actividades formativas de 15€ para persoas empadroadas e 45€ para as non empadroadas.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade