A Mostra ofrece un plan completo e engade música na sesión vermú a partir das doce do mediodía co conxunto Ronco&Fol. Tamén poderemos gozar da boa gastronomía da zona e do posto de polbo.
Cada primeiro sábado de mes e co apoio da Deputación de Pontevedra, Covelo celebra a súa Mostra na que conectar aos productores locais coa veciñanza da área metropolitana que ademais de gozar deste encontro aproveita para facer sendeirismo, coñecer o patrimonio histórico local e descobrir novas paraxes naturais.
A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica a importancia desta actividade porque ofrece un espazo para que os productores locais amosen o que comercializan e atrae tamén a persoas de fóra do concello, estando xa consolidada na axenda da veciñanza e dos e das visitantes cada primeiro sábado de mes.