Present News



Esta fin de semana música, boa gastronomía e o mellor xénero na Mostra de Produtos de Covelo
- 31/03/2022 -

O sábado día 2 de abril de 10 a 14 horas na contorna da praza Mestre Cerviño celebrarase como cada primeiro sábado de mes o encontro cos produtores locais
O sábado 2 de abril o concello de Covelo celebra unha nova xornada da súa Mostra de Produtos de Covelo. De 10 a 14 horas poderemos mercar produtos téxtiles, macramé, artesanía, decoración, cestería, cosmética natural, xoiería, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, libros, prantas, xoguetes, cerámica e un longo etc de produtos de proximidade.

 

A Mostra ofrece un plan completo e engade música na sesión vermú a partir das doce do mediodía co conxunto Ronco&Fol. Tamén poderemos gozar da boa gastronomía da zona e do posto de polbo.

 

Cada primeiro sábado de mes e co apoio da Deputación de Pontevedra, Covelo celebra a súa Mostra na que conectar aos productores locais coa veciñanza da área metropolitana que ademais de gozar deste encontro aproveita para facer sendeirismo, coñecer o patrimonio histórico local e descobrir novas paraxes naturais.

 

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica a importancia desta actividade porque ofrece un espazo para que os productores locais amosen o que comercializan e atrae tamén a persoas de fóra do concello, estando xa consolidada na axenda da veciñanza e dos e das visitantes cada primeiro sábado de mes.


 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade