Actualidade e Noticias



Protección Civil Oitavén-Tea recibe un recoñecemento polo traballo realizado no desenvolvemento do Rally Sur do Condado
- 05/03/2024 -

A presidenta Mónica Oliveira, recolleu o galardón da man da concelleira María Valiñas

O goberno de Covelo, a través do seu alcalde Pablo Castillo, quere achegar as súas felicitacións á agrupación Protección Civil Oitavén-Tea que recibíu un recoñecemento da organización do Rally Sur do Condado.


No transcurso da II Gala Surco Protección Civil Oitavén-Tea recibíu un recoñecemento especial polo traballo realizado ao longo destes anos no control da seguridade nos tramos do rally Sur do Condado que pasan polo Concello de Covelo e Mondariz.


Organizada pola Escudería Surco, a gala ten como obxectivo pór en valor a aportación e colaboración de entidades, deportistas, empresas, institucións, persoas e colectivos que contribúen no bo desenvolvemento do Rally Sur do Condado que cumpre xa vinte edicións.


Pola súa contribución no control dos cortes de tramo, xestión de incidencias e medidas de seguridade, a presidenta da agrupación Oitavén-Tea, Mónica Oliveira, recibíu das mans da Concelleira de Igualdade de Covelo, María Valiñas, o galardón.


Hai que recoñecer o traballo de voluntarias e voluntarios que aínda que non están na nosa agrupación si colaboran no Rally Sur do Condado apoiando o noso traballo cada vez que os chamamos porque son moitos concellos e moitos tramos e para un correcto desenvolvemento desta proba deportiva precisamos da súa axuda indispensable”, sinala Mónica Oliveira.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade